Inicio

A ladroa da biblioteca de Meirás

Esta modesta web, que está aínda en construción, é un complemento ao libro «A ladroa da Biblioteca de Meirás», unha novela xuvenil que vai chegar ás librarias nestes días. 

Ambientada no Pazo de Meirás en xullo de 1948, conta a historia de Mariña, unha rapaza que, despois de ter sido desfiuzada da súa casa para anexionala aos terreos da residencia de verán da familia Franco, decide coarse na biblioteca das Torres, que fora no sei día da escritora Emilia Pardo Bazán, e ir roubando un libro cada día, como unha persoal xustiza poética (e política) polo que lle foi roubado á familia.

Este é só o punto de partida, xa que ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro…

Colección Fóra de Xogo, Xerais

Se queredes escoitar un anaquiño da obra, déixovos un enlace ao programa de radio que Luis Losada, bo lector e mellor amigo, fixo en Radio Cornellá, no programa Sempre en Galicia, sobre «A Ladroa da Biblioteca de Meirás»:

Este espazo web busca achegar información e documentación sobre a época, os personaxes e o contexto, axudar a desentrañar o que hai de realidade e de ficción nesta novela, e ofrecer achegas de reportaxes, libros, imaxes… que tratan o pasado, o presente e o futuro do Pazo de Meirás. Velaquí van algunha achegas:

Unha obra crucial para entender todo o proceso
A máis recente investigación de Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío

Contacto

Calquera dúbida podes escribirme a: info@evamejuto.com